Por Europa Press / Redacción | Ourense | 03/03/2022 | Actualizada ás 20:39
A folga do persoal do servizo de limpeza do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) prevista a partir do próximo luns foi desconvocada tras o acordo alcanzado entre o comité de empresa e a concesionaria, Ferrovial.
Diso informou o sindicato CCOO nun comunicado no que informa que a manifestación convocada para este venres --xornada na que trasladarán información sobre o acordo-- tamén foi desconvocada.
A folga foi convocada o pasado domingo tras o fracaso das negociacións entre sindicatos e Ferrovial. O acordo subscrito agora e ratificado polas asembleas do comité de empresa motivou agora a suspensión da convocatoria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.