Ao polbo gústalle o polbo

O proxecto Cefaparques, financiado por Parques Nacionais, e executado polo CSIC tira novas conclusións sobre a vida do polbo. Comportamentos caníbales, localización das zonas de desove ou o estudo das femias durante a posta son algúns dos novidosos resultados desta investigación.

Por Gc Tendencias | Illas Cíes | 22/05/2014 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

Tras tres anos de investigación, membros dos Departamentos de Ecoloxía e Recursos Naturais do IIM e do IMEDEA localizaron no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (PNIAG) as zonas de posta de polbo e sepia, e logrado o propio para o calamar no Parque Nacional de Cabrera (PNCA).

Esquema do canibalismo no polbo
Esquema do canibalismo no polbo | Fonte: Jorge Hernández Urcera

No PNIAG, onde se realizaron 100 censos visuais mediante mergullo autónomo, filmouse por primeira vez na natureza o comportamento caníbal do polbo e as guaridas desta especie.

Tamén se monitorizaron os principais parámetros ambientais que contribúen ao desenvolvemento da posta nunha femia durante os catro meses de coidado dos ovos.

552139_396151673825712_999837618_n

Galicia Caníbal

Un dos resultados máis interesantes desta investigación é a constatación do canibalismo entre os polbos.  Os investigadores sinalan que ata en tres ocasións presenciaron estas escenas de canibalismo e aseguran que se dá tanto en machos como en femias e en polbos de diferentes idades. Na bitácora do proxecto recollen unha destas escenas:

Polbiño
Polbiño

“Hai uns días contemplamos unha escena que amosa que, no medio natural, existe canibalismo entre polbos. [...]Na escena que gravamos na Ría de Vigo, un polbo atópase aprisionado entre os brazos doutro polbo (na imaxe apréciase un dos brazos de este polbo). Ao exemplar adulto cústalle desprazarse debido ao peso da súa presa, pero en ningún momento libérase da súa captura. Despois da gravación, decidimos forzar ao polbo a que liberase ao exemplar pequeno e comprobamos que este aínda estaba vivo, polo que, seguramente, fora capturado había poucos minutos.”

552139_396151673825712_999837618_n

Os resultados nun documental

O grupo de investigación ECOBIOMAR (IIM), en colaboración co Concello de Vigo, autoridades do PNIAG e profesionais da comunicación audiovisual, está realizando os primeiros montaxes dun documental cuxo obxectivo é amosar ao público xeral os bens e servizos que se poden conseguir conservando os fondos mariños do medio natural.

Nos vindeiros meses, o CSIC remitirá aos organismos competentes na materia unha proposta de plan de continxencia para a conservación e protección das áreas de posta e cría das tres especies en ambos Parques.

Os investigadores presentan o día a día dos traballos nun blog onde ademais pódense seguir as repercusións do proxecto a nivel internacional.

Noticia do medio colaborador Valminor.info

Pequenos polbos captados no proxecto Cefaparques
Pequenos polbos captados no proxecto Cefaparques
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta