Reyes Leis e Currás, sós contra todo o PPdeG

Domínguez demitiu despois de falar con Rueda, segundo fontes do PP local. GC explica os detalles da crise no PP en Compostela e o papel nela da Voz e El Correo.

Por M.V. | Santiago | 05/06/2014 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

De portas cara fóra gárdanse as formas, pero de portas cara dentro a guerra entre a cúpula do PP galego e o alcalde de Santiago -adiantada hai meses por GC- é cada vez máis evidente. E o resultado da liorta moi incerto, tanto que non se pode descartar que ao final haxa relevo en Raxoi.

Reyes Leis e Ángel Currás nunha pista de xeo  Reyes Leis e Ángel Currás, tenente de alcalde e alcade de Santiago, nunha pista de xeo na Alameda
Reyes Leis e Ángel Currás nunha pista de xeo Reyes Leis e Ángel Currás, tenente de alcalde e alcade de Santiago, nunha pista de xeo na Alameda

O presidente do partido conservador evitou esta mañá respaldar a Ángel Currás. "Correspóndelle a el tomar a decisión que considere oportuna" foi o máis concreto que respondeu esta mañá Alberto Nuñez Feijóo cando a prensa lle preguntou varias veces se cría que o primeiro edil de Compostela debería demitir.

Outra evidencia do conflito é que Rebeca Domínguez, a concelleira que demitiu o martes, dixo a parte do seu círculo no Concello que marchaba por indicación de Alfonso Rueda, número 2 do PPdeG, segundo fontes indicaron fontes do Goberno local a GC. A dimisión de Domínguez é, polo tanto e como explicou este diario, unha mensaxe do PPdeG a Currás para que tamén dimita, pois el tamén está imputado na Pokemon.

O alcalde, iso si, non se dá por enterado. Cando a prensa lle preguntou a Currás esta mañá se sentía presionado polo seu partido, o político dubidou uns segundos, medio botouse a rir e dixo que non ía contestar esa pregunta porque as presións todo o mundo saben de onde veñen.

Currás almorzou este xoves cun titular a toda portada en La Voz de Galicia que reza "El alcalde de Santiago desoye la creciente presión en el PP para que dimita". Un titular nada inocente, pois a liorta que mantén Currás cos seus concelleiros -xa dimitidos todos menos a súa fiel escudeira Reyes Leis- reflíctese nunha guerra de xornaisLa Voz é o azoute de Currás e voceiro da cúpula do PPdeG, mentres El Correo Gallego mantense, polo ede agora, ao lado do primeiro edíl.

Reyes Leis
Reyes Leis

Así, é a cabeceira compostelá quen está a adiantar os nomes que substituirán aos concelleiros que dimitiron. Maite Cancelo será a responsábel de Asuntos Sociais, Irene Garrido de Xuventude, o ex-árbitro García de Loza de Deportes, Maria Baleato de Facenda e Jorge Padilla tamén será concelleiro.

Currás aínda ten cinco prazas que encher e, polo que dixo Feijóo, ten mans libres para facer o que lle pete. Ao alcalde non lle está resultando doado atopar substitutos, pois nin sequera ten moitos apoios na xunta local do PP, que viviu unha tensa reunión esta semana.

Segundo fontes do partido conservador, Currás está tentando que o número 18 da lista renuncie a acta que lle corresponde. Daniel Grela é pai dunha das supostas enchufadas na gardería de Salgueiriños polo grupo Vendex, segundo figura no sumario no que está imputado o político. A cambio da renuncia, Grela recibiría un posto de asesor municipal.

A existencia dun plan no PP para derrubar a Currás é algo do que GC leva informando meses. Agora, tras a portada da Voz e os malabarismos dialécticos de Feijóo na rolda de prensa para evitar apoiar ao alcade de hoxe o conflito é claro, aínda que polo de agora os protagonistas rexístanse a recoñecer a súa existencia en público.

A cuestión clave é se Currás será quen de aguantar a presión e non dimitir. Ao seu lado ten a Reyes Leis, a tenente de alcalde e única edil dos 13 orixinais que non foi imputada, que multiplica as súas aparicións públicas e unha e outra vez nega o evidente 'complot' anti-Currás.

A tentente de alcalde sería a substituta natural de Currás, pero a relación política entre eles é tan próxima que parece que o futuro da concelleira está ligado ao do primeiro edil.

Mentres, a cidade, atónita, comtempla como a capital de Galicia estará gobernada por só dúas persoas.  Polo menos durante as próximas semanas mentres a Xunta Electoral non aprobe os relevos propostos polo alcalde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 DigoEu

Estes escándalos son consecuencia do descaro dos políticos que entran na política "para forrarse", cousa frecuente na dereita e que xa o dixera no seu momento o pepeiro Rosendo Naseiro. Agora en Santiago parece que só se salvan dous -e xa veremos- da queima. ¿Por que a xente vota por corruptos e non aprende (tamén está o caso de Valencia, por exemplo...)? Xa está ben de acusar só aos políticos. OS VOTANTES SON OS RESPONSABLES DE QUE NOS GOBERNEN OS QUE NOS GOBERNAN E COMO NOS GOBERNAN.

1 xaab

A corrupción afectalle a todos. Precisamente publicas esto no día na que demite a número 3 de Anova.

2 DigoEu

Non compares. Ademais, os de Anova demiten con moita máis facilidade que os outros, que se aferran á poltrona ata que non poden máis. E temos casos a montóns. En Santiago mesmo, en Valencia, en Madrid, etc.