AMI e Ceivar denunciarán á Policía

A Assambleia da Mocidade Independentista (AMI) e o colectivo anti-repressivo Ceivar denunciarán á Policía polas cargas policiais que tiveron lugar onte logo da manifestación convocada por este colectivo que recorreu as rúas de Santiago...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 25/07/2007 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia
Segundo os independentistas, foron seis as persoas que precisaron atención hospitalaria aqueixadas de golpes por todo o corpo e da fractura de osos da faciana, mans e brazos. Denuncian persecución e violencia policial.

As cargas policiais producironse logo da 'XIII Rondalha da AMI' e cando os manifestantes quixeron entrar na Praza do Obradoiro. Durante o recorrido deixaron varias entidades bancarias pintadas de vermello. Máis información aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

19 Oscar

Sí respostéi, sacaron ás Forzas de Seguridade do Estado.
Non, non eran policías municipais; pero só o puña coma exemplo de como funcionan as autoridades en Santiago. Se vés a Santiago, non se che ocorra aparcar mal o coche, que os "munipas" imporánche a multa máis alta posible por calquera chorrada, xa que eles quedan cunha comisión.

18 anxo

O que quero didir, evidentemente, e que as organizacións que respaldan os disturbios poden denunciar á policía e só pregunto, os perxudicados polos disturbios deberán de poder denunciar ós organizadores, pregunto eh.. porque como ben dices en democracia todo o mundo ten dereito á defensa
Respeto á miña condición democrática nin che resposto, coido que non ten dúbida.
Por certo, non me respostache a:
¿referímonos á policía municipal ou á nacional? A nacional non e habitual que poña multas de tráfico e a municipal non e normal que funcione de antidisturbios.

17 Oscar

¿Ou sexa, qué a un aragonés ou un asturián (que evidentemente non tiñan nada que ver có conto) bátelles a Policía (e esto falando de caso real, nada de suposición) e o señor ese tén que denunciar a AMI? ¡Sí, home! E se a min me atracan denuncio ao primeiro que pase pola rúa en vez de ao atracador.
Anxo, con ese último post deixan moi en dúbida a túa calidade democrática:
"Coido que os perxudicados polos disturbios poderán demandar a esa “ceibar e ami” polos danos que causaron."
En democracia, cada un paga polo que fai el, non outro.
"Xa está ben que os provocadores teñan sempre a última palabra e intimiden a todo o mundo."
En democracia, todo o mundo tén dereito á defensa, tanto física (dereito á lexítima defensa) coma legal (xuízo con presunción de inocencia).
Por outra parte, é excesivo sacar ás Forzas de Seguridade do Estado con escopetas para reprimir a un grupiño armado de ovos con pintura. Se puxesen o mesmo empeño en deter aos delicuencuentes e en investigar a corrupción outro galo cantaría neste país.

16 anxo

Coido que os perxudicados polos disturbios poderán demandar a esa "ceibar e ami" polos danos que causaron.
Xa está ben que os provocadores teñan sempre a última palabra e intimiden a todo o mundo.

15 anxo

¿referímonos á policía municipal ou á nacional? A nacional non e habitual que poña multas de tráfico e a municipal non e normal que funcione de antidisturbios.