Por X.M. Fernández | Verín | 29/03/2022 | Actualizada ás 11:38
No marco do Plan de prevención de incendios forestais da Consellería do Medio Rural investíronse preto de 72.000 euros en acondicionar diversas pistas forestais -e crear novos accesos- en montes de Monterrei, Verín, Riós e Castrelo de Val, ubicados no distrito forestal XIV Verín-Viana.
Segundo se informa dende a Xunta, "os traballos, localizados moitos deles en zonas de alto risco de incendio (ZAR), consistiron na mellora do firme de pistas forestais e na creación de novas vías de comunicación, co fin de facilitar o acceso ao monte por parte do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais. Ademais, tamén se levou a cabo a colocación de pasos de auga con canalización das augas de regatos e de escorrentía superficial, coa fin de asegurar unha boa drenaxe e saneamento da traza dos camiños e evitar así o seu deterioro a medio prazo".
No ano 2021 contouse cun orzamento de case 30 millóns de euros para actuar en máis de 58.000 hectáreas de territorio e nuns 5.000 quilómetros de pistas e vías de comunicación.
Estas accións preventivas teñen como finalidade principal evitar os lumes forestais e, no caso de producirse, limitar a súa propagación e os danos causados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.