Consellos para o cultivo do tomate

O rei da horta no verán non é un cultivo fácil de lograr no clima galego. Velaquí algúns consellos.

Por GCAgro | Santiago de Compostela | 09/06/2014 | Actualizada ás 09:52

Comparte esta noticia

O tomate é o rei da horta no verán e un dos produtos máis demandados. O seu cultivo en exterior en Galicia sole presentar dificultades debido ás choivas e elevada humidade que favorecen a aparición de enfermidades como a botrite ou o mildeu. Variedades como o Raf ou Pera solen ser máis resistentes, aínda que unha opción preferible é apostar por variedades locais galegas, como o Negro de Santiago ou Avoa de Osedo, máis adaptadas ás nosas condicións climáticas. 

Velaquí algúns consellos para o seu cultivo: 

-Requerimentos do solo: o tomate pertence á familia das solanáceas, como a patata ou o berenxena, e polo tanto é moi esixente en abono. Precisa daquela unha terra ben esterqueda e mol. 

-Plantación: Na plantación da tomateira debemos enterrar a raíz en profundidade, ate a metade do talo aproximadamente. Isto favorecerá un bo enraizamento e fará que a planta aguante mellor as horas de calor. 
 
-Entitorado e poda:
Para garantir o crecemento recto da planta é aconsellable poñerche unha estaquiña dende a súa plantación que se irá cambiando por unha máis grande cando chegue supere o medio metro. 

Conforme vaian medrando as tomateiras debemos cortarlle os gromos laterais ou chupóns que nacen enriba das follas, deixando só o brote principal ou apical e os seus acios  de flores. A medida que as tomateiras vaian medrando tamén debemos retirar as follas secas para aportar luz e maduración aos tomateiras e evitar ataques de araña vermella, oídio e outras enfermidades. 

A partir do mes de setembro podemos podar os extrmeos dos gromos centrais para favorecer que os tomates maduren e engrosen. 

-Rego: sexa por pingueira ou manual o rego é aconsellable facelo poña mañá, canto máis cedo mellor, xa que a auga e a temperatura do solo estarán equilibradas. Sempre se debe regar directamente no pé e nunca se deben mollar as follas da planta xa que isto fovecerá a aparición de enfermidades. 

Unha boa opción para regar menos e reter a humidade no solo e aplicar arredor do pé da planta unha capa de herba ou céspede secos, que ao tempo que reducirá a evaporación da humidade aportará materia orgánica. 

-Tratamentos: As tomateiras son moi sensibles aos mildeu, especialmente en Galicia e que é facilmente detectable polas súas manchas grises, como se queimaran as follas da planta. Para evítalo é recomendable aplicar sulfato de cobre cada dez ou 15 días e preferentemente entre as 11:00 e as 18:00 horas. Outra alternativa máis ecolóxica é aplicar iogurte ou soro de leite diluído ao 5% en auga. 

Contra os ataques de pulgón –tería que ser un ataque a boa parte da pranta- un remedio son os tratamentos con xabrón potásico ou purín de allo diluído en auga e pulverizado. 

Tomates
Tomates | Fonte: GC

Se todo vai ven a mediados de xullo poderemos probar os primeiros tomates galegos. Boa sorte!

Tomateira atacada por mildeu
Tomateira atacada por mildeu | Fonte: GC
Poda do tomate
Poda do tomate | Fonte: GC
Tomates
Tomates | Fonte: GC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta