Un descubrimento único en Lalín

Esta fin de semana tivose constancia dun descubrimento que pode modificar toda a historiografía galega...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/07/2007 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

Tal e como figura neste video, as excavacións de urxencia das obras do AVE en Lalín no castro pequeno de Bendaña sacaron á luz o que pode ser a primeira relación da época castrexa co mundo funerario; un asunto que, ata o de agora, era inadcesible para os arqueólogos.

Neste video pódense ver unhas gabias, de función descoñecida, aínda que na reportaxe se di que son enterramentos da época de ferro. Os enterramentos estarían noutra parte da zona excavada, tal e como figura na primeira foto que aparecen no weblog de Manuel Gago, autor deste video.

Tanto a función das gabias, como a distribución das áreas funerarias e o contido atopado nelas, é todo un misterio que os arqueólogos terán que dilucidar. En todo caso, achádegos coma éstes abren novas vías de investigación para a historiografía galega que poden ser completados coas investigacións do Castro do Neixón e con outros que se están a facer de urxencia, tamén por mor doutras infraestructuras viarias.

Dende Galicia Confidencial instamos ás autoridades a que non fagan o mesmo que aconteceu co círculo lítico da Moureira para que este novo achado, único en Galicia e na península ibérica, sexa borrado do mapa por mor das obras do AVE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

6 Remixio

¿Que dis, Moinante, do "Círculo Lítico da Mourela"? Sabes perfectamente que foi un alto cargo do BNG, o director xeral de Patrimonio, quen deu o visto bo para que as obras, que estaban cautelarmente paralizadas, continuasen. E, como sabe calquera que saiba algo de arqueoloxía, fixo ben. Así que vai facerlle demagoxia aos castrexos, que se cadra aínda che fan algo de caso. Pero aquí e hoxe xa "no cuela".

5 o moinante

Este J. Espanhol, aparte de ser um provocador, e de ser um patrioteiro espanholista, que outra cousa é?

4 Juan Español

Además de conservar esos restos, habría que impedir que algunos analfabetos funcionales, que todavía no saben escribir en gallego, ensuciasen este blog... El indocumentado de arriba es un buen ejemplo.

3 o moinante

Nom entendo case nada de arqueologia, mas polo que estou percebendo a descuberta no Castro de Bendanha é de suma importáncia. Aguardemos que desde Madrid nom voltem a fazer outra barbarié como com o Círculo Lítico. E também aquí, as forças sociaís e políticas impidam-no se tal cousa se tentara fazer.

2 roque

Botana, antes de botar a lingua a pacer hai que saber o que se di. Se non tes nin puta idea de arqueoloxía mellor que teñas a boca pechada.

Dende logo este asunto non ten nada que ver con Expediente X, senon cunha eiva importante que, ata o de agora, había no estudio sobre os costumes funerarios dos castrexos. Cando escoitei falar do tema xa me inquietei e cando vin o video comprobei a importancia do descuberto en Lalín.

Dende logo, comentarios coma o teu o que fan é animar ós animais de Fomento a que pasen trens, carreteras e todo o que se lle antoxe por riba de monumentos milenarios.