Máis do 50% dos fogares galegos chegan con dificultades a fin de mes

Aumentan ao 30% os que diminúen gastos comúns e cae a confianza dos consumidores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2022 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

Os fogares galegos que teñen dificultades para chegar a fin de mes mantéñense por encima do 50% no primeiro trimestre de 2022, segundo os datos que publica este luns o Instituto Galego de Estatística (IGE).

A cifra dos que teñen dificultades ou moitas dificultades é do 51%, o que supón un punto menos que no anterior trimestre e seis puntos menos que hai un ano, de modo que os que contan con facilidades ascenden na actualidade ata o 49%.

Con todo, entre os que contan con moitas dificultades hai unha alza ata o 6,72%, o que supón un lixeiro incremento fronte ao 6,20% dos anteriores tres meses. No entanto, supón un retroceso respecto ao 10% do primeiro trimestre de 2021. Pola súa banda, cae a confianza dos consumidores galegos en seis puntos respecto dos tres meses anteriores. De feito, diminúen os catro indicadores parciais de persepctivas de evolución: situación financeira persoal, desemprego, situación económica de Galicia e capacidade futura de aforro.

MEDIDAS ECONÓMICAS

Así mesmo, dispáranse ao 30% os fogares galegos que diminuíron gastos comúns --como roupa e calzado, transporte, gas e electricidade, salvo alimentación--, xa que supuñan o 16,9% nos anteriores tres meses.

Mentres, o 26,4% non se permitiu ningún extra --como vacacións, facer fronte a imprevistos, saír a cear ou ir ao cinema-- no primeiro trimestre do ano. Ademais, o 12,6% dos fogares cambiaron os seus hábitos de compra con marcas brancas ou produtos en oferta. O 40% ten previsto aforrar no próximos tres meses e o 53,8% saír a cear, ir de cafetarías ou ao cinema.

Varias persoas nun posto local de verduras e produtos do campo, no mercado tradicional da Praza de Abastos de Lugo, a 22 de marzo de 2022, en Lugo, Galicia (España). O paro convocado a nivel nacional pola Plataforma para a Defensa do Sect. Carlos Castro - Europa Press
Varias persoas nun posto local de verduras e produtos do campo, no mercado tradicional da Praza de Abastos de Lugo, a 22 de marzo de 2022, en Lugo, Galicia (España). O paro convocado a nivel nacional pola Plataforma para a Defensa do Sect. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta