Por Europa Press / Redacción | Madrid | 07/04/2022 | Actualizada ás 19:36
A Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica (SEPAR) instou a "coidar especialmente" a poboación de risco (maiores de 60 anos e enfermos crónicos) fronte á COVID-19, aos que recomenda manter o uso da máscara en interiores.
Os pneumólogos tamén piden ao Ministerio de Sanidade que manteñan a "prudencia pola permanencia do risco epidemiolóxico elevado e a posibilidade de desenvolvemento de novas cepas".
Da mesma forma, propoñen "manter rigorosamente a obrigatoriedade de levar máscara todas as persoas con síntomas respiratorios". Tamén apoian que sexa obrigatoria en interiores de centros sociosanitarios, residencias de maiores, transporte público e, en xeral, calquera local masificado ou mal ventilado.
Por último, outra das medidas que propoñen os pneumólogos, tras a retirada xeral do uso obrigatorio das máscaras en interiores, é que se siga "recomendando a pauta completa de vacinación, incluída a dose de reforzo".
"Pola nosa banda, estamos a disposición das autoridades sanitarias para poder axudar na toma destas medidas en beneficio de todos", remachan estes expertos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.