Por E.P. | Santiago de Compostela | 07/04/2022 | Actualizada ás 20:33
A venda de turismos de ocasión caeu durante o mes de marzo nun 15,92 por cento fronte ao mesmo mes de 2021, segundo os datos da Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (Ancove).
Concretamente, vendéronse 9.390 turismos de ocasión e, no que vai de ano, súmanse 24.438 vendas, un 11,1 por cento menos con respecto ao mesmo período do ano anterior.
A provincia de Pontevedra, a que con 3.487 turismos e unha caída do 13,13 por cento tivo o mellor comportamento. No lado oposto sitúase Ourense, cun descenso do 19,88 por cento e 1.040 unidades transferidas.
En canto ao mercado estatal, o pasado marzo vendéronse en España 170.595 turismos de segunda man, o que supón unha baixa de do 7,1% respecto ao mesmo mes de 2021.
No primeiro trimestre transferíronse 449.086 unidades e o mercado colócase xa en negativo cunha caída do 1,8% respecto ao mesmo período do pasado ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.