O Vákner: a besta que xuntará en Dumbría a Luar na Lubre con Ismael Serrano

O concello de Dumbría organiza un festival gratuito no que se mistura música, arte, literatura e gastronomía. Entre os artistas convidados están Luar na Lubre, Víctor Manuel ou Ismael Serrano.

Por Galicia Confidencial | Dumbría | 10/04/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Dumbría quere ser o gran centro musical da Costa da Morte, e faino maridando outros ingredientes como a arte, a literatura ou a gastronomía. De feito, todo iso forma parte do proxecto “Territorio Vákner”, impulsado polo concello, que lidera desde 2019 unha aposta de territorio, de valorización do patrimonio inmaterial e de aproveitamento turístico na que quere implicar a toda a zona influída polo Camiño a Fisterra e a Muxía.

Concerto do grupo de folk Luar na Lubre
Concerto do grupo de folk Luar na Lubre | Fonte: Luar na Lubre.

Oconcerto será gratuíto, o vindeiro 28 de maio, pois así o decidiu o concello, malia que para controlar o aforo será igualmente preciso obter as entradas a través de www.ataquilla.com ou de forma presencial nas instalacións municipais. As entradas, tanto on line coma físicas, estarán dispoñibles a partir do martes 19 de abril ás 10:00 h.

O común denominador do festival, ademais do Vákner, será nesta primeira edición a música de Luar Na Lubre, que se fará acompañar dun grupo de amigos que  participarán no concerto en calidade de invitados, entre os que se atopan tanto Víctor Manuel como Ismael Serrano ou a cantante local Alexandra Suárez, aínda que non se descartan máis sorpresas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Fiz

E por certo…. Cando é? Porque non o poñedes…