Por E.P. | Ourense | 13/05/2022 | Actualizada ás 19:03
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia celebrará a súa 38ª edición entre os días 15 e 24 de xullo co lema 'Actuando nas marxes', que estará dedicada á marxinalidade, aos límites, ao prohibido, ao tabú, a todo aquilo que fai reir de forma incómoda.
Esa é a idea forza coa que a MIT volve neste 2022: "É un tema estimulante, un concepto aberto, na liña da creación contemporánea e do seu carácter liminal, como quere ser este festival que sempre aposta por descubrir e explorar novas fronteiras e o modo de cuestionalas".
A organización do certame tamén presentou a imaxe da súa 38ª edición, cun deseño de A&B, un gabinete creativo de Ribadavia que xa forma parte do equipo habitual da MIT. O póster combina formas xeométricas e coloridas con fotografías dos corpos en escena de edicións anteriores fotografados por Rosiña Rojo.
A programación darase a coñecer ao longo do mes de xuño con todos os detalles de horarios de espectáculos, coproducións e actividades paralelas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.