Ánxela Gracián gaña o 10º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022

Foi coa obra Donas de nós.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 18/05/2022 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

Ánxela Gracián gañou o 10º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022 convocado pola editorial Baía Edicións. O premio foi fallado este 17 de maio na Coruña e Gracián impúxose coa obra "Donas de nós", que foi presentada baixo o lema "María Balteira".

A escritora castroverdesa Ánxela Gracián | Xosé Regueira
A escritora castroverdesa Ánxela Gracián | Xosé Regueira

O xurado estivo integrado por Violeta Meléndrez (influencer e bookstagramer divulgadora da literatura galega nas redes sociais), Pilar Ponte (profesora de ensino medio, dinamizadora da normalización lingüística no ensino e na sociedade e activista cultural), Armando Requeixo (investigador no Centro Ramón Piñeiro, profesor na USC, crítico literario e promotor do blog Criticalia), Blanca-Ana Roig (profesora na USC, investigadora da literatura infanto-xuvenil galega e crítica literaria), e Olalla Sánchez (xornalista de La Voz de Galicia e divulgadora da literatura infanto-xuvenil).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta