O mozo galego ferido na explosión da Habana xa está en Galicia

Atopábase no país de vacacións xunto á súa noiva, que faleceu por mor das feridas e cuxos restos xa repousan aquí.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2022 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O mozo galego ferido na explosión do hotel Saratoga da Habana aterrou na tarde deste luns na Coruña, tras máis de tres semanas ingresado no hospital en Cuba para reporse das feridas.

En concreto, César, natural das Pontes, chegou pouco antes das 17,00 horas ao aeroporto de Peinador nun voo no que o acompañaron varios dos seus irmáns, segundo confirmaron a Europa Press fontes próximas. No aeródromo esperábano outros familiares, que pediron intimidade para vivir estes momentos.

O ferido nesta explosión viaxa acompañado pola súa familia, varios dos seus irmáns e unha tía. "Hoxe aterrará en Galicia e, sobre todo, é unha moi boa noticia para os seus pais, que por fin poderán abrazalo", finalizou. 

Explosión no Hotel Saratoga, na Habana (Cuba) captada cun móbil.
Explosión no Hotel Saratoga, na Habana (Cuba) captada cun móbil.

O mozo resultou ferido o pasado 6 de maio na explosión do histórico Hotel Saratoga da Habana. As súas feridas, de gravidade e polas que tivo que ser intervido en varias ocasións, mantivérono ingresado en Cuba desde entón. César atopábase no país de vacacións xunto á súa noiva Cristina, natural de Viveiro, que faleceu por mor das feridas ocasionadas pola explosión e cuxos restos xa repousan en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta