A CIG reclama condicións de traballo dignas na hostelaría nunha concentración en Santiago

O persoal do sector está a protagonizar unha "gran escapada" cara a outros sectores ou a emigración, denuncian nunha concentración na xornada previa a que se reúna a mesa na que se está negociando o convenio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2022 | Actualizada ás 16:42

Comparte esta noticia

Traballadores de hostalaría concentráronse este mércores en Santiago de Compostela para reclamar que a patronal negocie un "convenio digno" para o sector, atribuíndo a falta de persoal ás malas condicións laborais.

"Estamos fartos de escoitar, a diario, que non hai persoal para traballar, o que non hai é quen queira continuar coas condicións míseras que temos", subliñou, na concentración, o representante de CIG-Servizos, Roberto Alonso, que denunciou baixos salarios, xornadas "interminables" con horas extra que "non se cobran", traballo en festivos ou "nula conciliación da vida laboral e familiar", entre outras cuestións.

Con iso, o persoal do sector está a protagonizar unha "gran escapada" cara a outros sectores ou a emigración, denuncian nunha concentración na xornada previa a que se reúna a mesa na que se está negociando o convenio.

Concentración do sector da hostalaría en Santiago. CIG
Concentración do sector da hostalaría en Santiago. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta