Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2022 | Actualizada ás 21:31
Un total de catro alumnos foron expulsados dos exames da ABAU en Galicia por copiar, dous deles en Vigo, un na Coruña e outro en Santiago.
O protocolo dos exames establece que non se pode estar con elementos electrónicos como teléfonos ou reloxos intelixentes activados. Se se dá o caso, procédese á retirada e a imposición de medida disciplinaria que carrexa a anulación da proba.
Segundo explican fontes da Comisión Interuniversitaria de Galicia a Europa Press, detectouse o caso dun alumno que estaba a empregar o seu reloxo 'smarwatch' en Vigo con documentos relativos a historia de España.
Así mesmo, expulsouse a dous mozos con teléfonos activos na Coruña e en Vigo. O normal é que o alumnado teña desactivados os seus móbiles nas súas mochilas. Ademais destes tres casos de uso de ferramentas tecnolóxicas para copiar, detectouse un alumno en Santiago que empregaba unha tradicional 'chuleta' en papel.
Todo iso en dúas xornadas da ABAU en Galicia nas que participaron máis de 12.500 persoas, repartidas nas 36 comisións dos sete campus das tres universidades.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.