O fútbol gaélico si ten selección galega

Galicia xoga este sábado un dobre amigable coa selección de Madrid, o terceiro partido da 'nacional' masculina e o debut da feminina. Será ás 18.30 horas no campo estradense da Baiuca.

Por gcdeportes | A Estrada | 07/08/2014 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia

No 2012, vitoria en Narón (23-17) fronte a Bretaña. No 2013, o desquite no marco do Festival de Lorient foi para os bretóns (18-11). Agora chega o terceiro partido para a Selección Galega de fútbol gaélico, a única de Galicia oficialmente recoñecida polo organismo que regula o seu deporte, a Athletic Gaelic Association (GAA).

Nesta terceira cita, o rival será a potente selección madrileña, formada na súa meirande parte (90%) por xogadores irlandeses residentes na Comunidade de Madrid. O partido será o sábado no campo municipal da Baiuca (A Estrada), que vai camiño de converterse na capital do fútbol gaélico en Galicia: o pasado xuño organizou con éxito a primeira Copa Galega.

Ademáis do amigable masculino (20.00 horas), A Estrada acollerá a estrea da selección feminina, tamén fronte á selección de Madrid, ás 18.30 horas. A entrada será de balde na xornada organizada pola Asociación Galega de Fútbol Gaélico, que fai un chamamento aos seareiros para que acudan con camisolas e bandeiras galegas.

Convocatoria selección feminina: Lucía Cortizo, Sarai Louzao, Alba Rodríguez, Eva Porto, Athenia Álvarez, Ana Vilar, Laura Souto e Mayte Martínez (Irmandinhas); Carmen Fernández, Olalla García, Patricia García, Marian Varela, María Corrochano e Vero Vázquez-Penas (Fillas de Breogán); Alba Besada, Andrea Campos, Eva Gómez e Martina Blanco (Mecas FG) e Alejandra Romero (Pontevedra FG).

Convocatoria selección masculina: David de la Torre, David Romero, Pablo Bermejo, Rubén Leborán, Luis Aller e Diego Diéguez (Estrela Vermelha); Julián Díaz, Javi González, Pablo Miragaya, Iago Pedreira, Mancu Barbeito e Alberto Méndez (Fillos de Breogán); Pablo Fraiz, Lupo Suárez, Pablo Bernárdez, Ricardo Costa, Marcos Gañete Corba e David Fuentes (Irmandinhos); José Luis Mouco, Luis Manuel Campelo e Pablo Loira (Pontevedra FG); Robin Prol, Francisco de Asís e Nacho Otero (Mecos FG).

Plantel da selección galega de fútbol gaélico.
Plantel da selección galega de fútbol gaélico.

Bretaña-Galicia, o partido do ano pasado en Lorient.
Bretaña-Galicia, o partido do ano pasado en Lorient.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta