Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2022 | Actualizada ás 13:31
O programa de rehabilitación fisioterapéutica da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) recibirá da Xunta en 2022 un total de 48.803 euros, cifra que representa un incremento do 11% respecto ao pasado ano.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a presidenta de Fegerec, Francisca Luengo Milara, asinaron este venres un novo convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa de actividades destinadas a mellorar a saúde e a calidade de vida das persoas afectadas por enfermidades raras ou crónicas.
Así, a Xunta achegará 32.803 euros ao programa de rehabilitación fisioterapéutica de Fegerec. Esta partida económica súmase aos 16.000 euros que o Executivo galego achegou en xaneiro á Federación, no marco da liña de apoio ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de carácter sociosanitario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.