Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/07/2022 | Actualizada ás 17:45
O Concello de Sada reiterou a "urxencia" de modificar o decreto Ben de Interese Cultural (BIC) do Pazo de Meirás. Tras a vista sobre a titularidade dos bens, lamenta que o Estado non apoiase o Concello para reclamar os bens desde a época de Emilia Pardo Bazán ata o ano 1975, con excepción dos que acrediten o Franco que foron postos por eles.
"En calquera caso, e con independencia do que agora resolva o xulgado, o Concello de Sada vén insistindo desde o primeiro momento na necesidade, orixe e urxencia de que Xunta e Estado acorden e resolvan discrepancias", lembra. "E incoar a modificación do decreto BIC para incorporar os bens mobles, evitando desa maneira a retirada de bens polo Franco", recalca.
Respecto diso, sinala que a vía incidental xudicial "ten os seus límites e condicionantes, moito máis cando o Estado non exercitou acción posesoria ou reivindicatoria ningunha sobre a maioría dos bens mobles",
Por iso, insta de novo a que a Xunta "mova ficha" e incoe de inmediato o expediente de modificación BIC para incorporar ao mesmo o conxunto de bens mobles.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.