Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 06/07/2022 | Actualizada ás 16:55
Recollendo o testemuño que deixamos na última entrega, imos desta feita meternos con secuencias expresivas que dan a entender que en chegando a vellez aparecen alifafes e de problemas físicos e de saúde, ou mesmo tamén de cabeza e de memoria.
Hombre viejo, cada día un duelo (nuevo)
Hombre viejo, retablo de duelos # saco de azares
{= Paremias con que se manifesta que en chegando á vellez –ou mesmo á madurez– aparecen alifafes e de problemas físicos e de saúde, ou mesmo tamén de cabeza e de memoria.}
Á vellez veñen todas
Á vellez vén todo
Á vellez vén todo, menos os dentes # menos a fermosura
Á vellez todo se arrima (, menos a fermosura)
Todo se arrima á vellez(,) menos a fermosura
Á vellez, chagas e furunchos
Á vellez # Para a vellez todo son achaques
Ex.: —¡Cómo me duelen ahora los riñones al levantarme por las mañanas! —¡¿Y qué te pensabas, querido?!: “hombre viejo, cada día un duelo”.
—¡Como che me doen os cadrís ó me erguer polas mañás! —¡¿E logo que pensabas, meu rulo?!: ¡á vellez veñen todas ‡ vén todo ‡ vén todo, menos os dentes ‡ vén todo, menos a fermosura ‡ todo se arrima ‡ todo se arrima, menos a fermosura! && —¡¿E logo que pensabas, meu home?!: ¡á vellez, chagas e furunchos! ‡ ¡para a vellez todo son achaques! ‡ ¡todo se arrima á vellez menos a fermosura!
● Tamén, como fraseoloxismos que inciden neste mesmo contido:
La enfermedad y el anciano, siempre de la mano && A más años, más daños && Ancianidad, hermana de la enfermedad && Vejez, ausencia de bien && El viejo, ya por serlo es un enfermo && Basta con ser viejo para estar enfermo && Al viejo pelele todo le duele && No hay vieja sin queja && Juventud, salud; larga edad, continua enfermedad && De los viejos viven los médicos && Donde hay celos, hay amor; donde hay viejos, hay dolor && En la mocedad todo son flores; en la vejez, dolores && Ni en la mocedad virtud, ni en la vejez salud && Ni virtud en la juventud ni en la vejez salud && Ni sábado sin sol, ni moza sin amor ni viejo sin dolor && No hay sábado sin sol ni viejo sin dolor && [E MAIS]: Casa vieja toda es goteras
A vellez ten mala cura && A vellez, mala enfermidade é && A vellez nunca vén soa && Abonda ser vello para estar enfermo && Ó chegar á vellez todo son males && Pasarlle a man polo ombro # polo lombo && Nin moza sen amor nin vello sen dor && Ó vello non lle preguntes “¿como che vai?”, senón “¿que che doe?” && Catarro, casamento, cagarreira e caída son catro ces que quitan ao vello a vida && [E MAIS]: En # Na casa vella todo son goteiras && Á besta vella nunca lle faltan esparaváns && Os anos non son bolicos
● E inda incluso, gardando relación e só aplicable nalgún contexto:
As dores dos artellos dan que facer ós vellos
NOTAS:
1. Parece claro que na paremia Á besta vella nunca lle faltan esparaváns, a voz esparaván presenta o significado denotado pola primeira acepción reflectida no DRAG.
Pola súa banda, en relación con Os anos non son bolicos, a voz bolico fai referencia a un doce que, grosso modo, vén a ser unha especie de chula.
E polo que atangue a Catarro, casamento, cagarreira e caída son catro ces que quitan ao vello a vida, a voz cagarreira corresponderíase coas normativas cagarría ou cagarrela.
2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas:
- Recolleita propia da oralidade galega.
- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).
- Ferro Ruibal, Xesús: Refraneiro Galego Básico. Ed. Galaxia, Vigo, 1987.
- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Paz Roca, Mª Carmen: “Aínda novos escritos paremiolóxicos de Vázquez Saco”. Cadernos de Fraseoloxía Galega, 9, 2007, páxs. 247-293. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega. Versión en liña.
- Rivas Quintas, Elixio: Material lexicográfico da súa elaboración:
a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.
b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.
c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.
Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.