Mulleres de Brión doan 3.000 euros para a investigación da enfermidade de Dent

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2022 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

A Asociación de Mulleres Xuntanza de Brión vén de doar 3.000 euros á Asociación Galega da Enfermidade de Dent, ART FOR DENT, para a investigación desta doenza rara de carácter hereditario e que afecta os riñóns.

Asociación de Mulleres Xuntanza de Brión doa 3000 euros á investigación da enfermidade de Dent
Asociación de Mulleres Xuntanza de Brión doa 3000 euros á investigación da enfermidade de Dent | Fonte: remitida

Este mes de xullo de 2022, o colectivo de mulleres de Brión, con 25 anos de funcionamento e numerosas actividades realizadas nas súas costas, tomou a decisión de poñer fin á súa actividade. Así, a Xunta directiva da asociación, logo de reunirse, acordou doar o importe que teñen na súa conta a unha entidade benéfica como ART FOR DENT, que recibe deste xeito 3.000 euros para o proxecto de investigación da enfermidade de Dent no NEFROCHUS, en Santiago de Compostela.

A Familia de Brión reuniuse con elas na Carballeira de Santa Minia para agradecerlles a iniciativa de que destinen estos fondos para a  investigación desta enfermidade minoritaria, "para a que se precisan moitos recursos que permitan seguir avanzando na investigación", explica a Asociación de Mulleres Xuntanza de Brión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta