Arde Galicia: Máis de 30.000 hectáreas arrasadas nunha semana

Os principais lumes, no Courel e Valdeorras, rexistran cifras históricas por enriba das 10.000 hectáreas cada un.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/07/2022 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

Os tres maiores incendios que rexistra actualmente Galicia, os que afectan á montaña lucense do Courel e os declarados no Parque Natural do Invernadoiro e na comarca de Valdeorras, en Ourense, continúan sen control case sete días despois de iniciarse, un período no que as chamas avanzaron de forma voraz, alentadas polo vento. Calcinaron, entre os tres, case 26.000 hectáreas de terreo das algo máis de 31.000 que a onda de incendios destruíu en distintos puntos de Galicia.

Así o reflicte o último parte emitido pola Consellería do Medio Rural, no que tanto os incendios de Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón e de Valdeorras, como o do Invernadoiro, unha paraxe natural de gran relevancia ecolóxica que pertence ao municipio ourensán de Vilariño de Conso.

Este último lume, iniciado na parroquia de Pradoalbar na madrugada do pasado venres, alcanzou este xoves as 5.200 hectáreas de terreo afectado. Sen ben a Xunta non especifica cantas destas pertencen ao parque natural --limítase a explicar que as chamas afectan o seu territorio--, cabe lembrar que este espazo natural conta cun total de 5.722 hectáreas de terreo protexido.

Os dous lumes máis importantes que rexistra Galicia, e que continúan activos, son os de Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón, en Lugo, que desde a madrugada do venres pasado queimaron 10.000 hectáreas, e o iniciado na noite do pasado xoves na parroquia de Riodolas de Carballeda de Valdeorras, que queimou unhas 10.500.

Estes dous incendios teñen, ademais, activada a Situación 2 pola proximidade a vivendas. En concreto, aos núcleos de Parada dos Montes e Carballal (Folgoso) e Busto (A Pobra do Brollón); así como ao de Candeda, en Carballeda. O incendio de Valdeorras causou, ademais, numerosos problemas na veciña provincia de León, onde se evacuaron aldeas no núcleo de Ponte Domingo Flórez. Nas últimas horas cercou tamén a aldea ourensá de Quereño, en Rubiá, aínda que fontes oficiais apuntan que aínda non foi necesario evacuala.

De novo en Lugo, no municipio de Folgoso do Courel, permanece tamén activo outro lume, iniciado na parroquia de Seceda e que queimou unhas 1.100 hectáreas, coa Situación 2 activada pola súa proximidade ao núcleo de Gamiz.

Mentres, no municipio de Oímbra continúan activos tres incendios que entraron de Portugal. Dous deles, en Videferre --600 hectáreas-- e San Cibrao --400 hectáreas--, foron dados por estabilizados pola Xunta. Pola súa banda, o de Rabal continúa activo, tras queimar 1.800 hectáreas.

RESTO DE LUMES

A lista de incendios en Galicia complétase cun declarado na tarde deste xoves na cidade de Ourense, media ducia máis en Lugo e o único que hai na provincia de Pontevedra, o de Rodeiro, parroquia de Guillar, que está controlado despois de calcinar 200 hectáreas.

Así, no municipio lucense de Cervantes hai dous lumes, o do Castro, que está controlado e queima máis de 20 hectáreas, e o de Cereixedo, estabilizado e con 65 hectáreas. En Quiroga, o lume de Outeiro está controlado --250 hectáreas-- e o de Nocedo está estabilizado --15 hectáreas--. A eles súmanse do incendios controlados en Palas, parroquia de Ramil --375 hectáreas--, e en Antas de Ulla, parroquia de Santa Mariña do Castro de Amarante --40 hectáreas--.

A esta superficie hai que engadir 619 hectáreas de terreo queimadas por incendios dos que Medio Rural xa informou da súa extinción nos últimos días. En concreto, trátase dos de: Cualedro --31 hectáreas--; Baiona --46 hectáreas--; Melón --dous lumes que suman 98 hectáreas--; Quiroga --83 hectáreas--; Ribadavia --67 hectáreas--; Covelo --37 hectáreas--; Cervantes, parroquias de Donís --75 hectáreas-- e Noceda --182 hectáreas--.

Vista xeral da zona afectada polo lume de Folgoso do Courel, a 20 de xullo de 2022
Vista xeral da zona afectada polo lume de Folgoso do Courel, a 20 de xullo de 2022 | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Moine

Nas terras queimadas e arrasadas, começar a plantar, já, castinheiros e carvalhos; se queremos que Galiza siga existindo como um País húmido e verde, e nom como um deserto. Arrincar eucaliptos e pinheiros para plantar castinheiros e carvalhos. A mais, as novas espécies de carvalhos e castinheiros podem-se cortar em 20 anos, e a sua madeira vale de 20 mais que a do eucalipto e pinheiros. Estes últimos, nom som rendíveis; só servem para enriquecer à oligarquia madrilenha, dona das celulosas; que para mais inri, pagam em Madrid os impostos e aqui contaminam-nos.

1 Unha desfeita...

Teño moi presente a reación cando os incendios na época do bipartito, especialmente dos medios de comunicación, ben¡¡¡ do "medio de comunicación" por "excelencia"... O futuro é desesperanzador ... Non é so os incendios pero coido que estamos ante a Galicia máis sumisa dos últimos 40 anos....

1 Conchi

Totalmente de acuerdo

2 SenSiglas

Pra que vos deades de conta a aquel goberno alcumárono despectivamente de "bipartito", en troques do actual no estado "de coalición".