Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/07/2022 | Actualizada ás 13:10
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, sinalou que, tras unha vaga de lumes hai dúas semanas provocada por raios, na última semana volveron os incendios dunha "tipoloxía máis tradicional", xa que apunta á súa "intencionalidade".
Así, nunha entrevista na TVG recollida por EP, refírese a un lume que tivo lugar o pasado venres no municipio de Maside (Ourense) cunha "clara intencionalidade".
De feito, indica que non se pode falar dun incendio "estritamente forestal" porque se produciu "a 100 metros das casas", no que identifica con "tentar buscar algunha vítima mortal".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.