As ameazas de Yolanda Castaño pechan os ‘Aduaneiros sem Fronteiras’

A publicación de referencia no humor gráfico da internet galega, os ‘Aduaneiros sem Fronteiras’, pechou hoxe. A razón, as ameazas legais lanzadas pola poetisa e comunicadora Yolanda Castaño. Os ‘Aduaneiros sen Fronteiras’ publicaran unha animación na que os internautas podían vestir e desvestir a Castaño.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/10/2007 | Actualizada ás 21:23

Comparte esta noticia

Os Aduaneiros recibiron unha carta do avogado de Castaño na que ameaza cunha "demanda xudicial por delitos de inxurias con publicidade". Os humoristas decidiron pechar a popular páxina "mentres o noso lexítimo dereito á liberdade de expresión non se vexa a salvo de coaccións xudiciais fóra de lugar".

Dáse a circunstancia que Yolanda Castaño ten colaborado con moitos medios de comunicación, entre eles La Voz de Galicia, A Nosa Terra, El Progreso, Diario de Pontevedra, El Ideal Gallego, El Mundo e Galicia Hoxe. Na actualidade é responsábel da tenda do Grupo Sargadelos na Coruña.

En todo caso, as novos chistes gráficos duns dos autores dos Aduaneiros, Berto Yañez, seguen en liña na súa web Ber.to.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

37 Xerardo

Oes, teño un parecido razoable que propopñer:

A Iolandi e a marciana que se introduce na Casa Branca na película Mars Attacks
Ver as Imaxes:
Foto1

Foto2

(Vendo as fotos, me parece que esta comparanza é inxusta para a marciana)

36 o das cellas de Marta Rivera de la Cruz

con sargadelos y con la literatura en gallego

35 azuris

Me importan tres pimientos Yolanda Castaño y todos los que reniegan de Isaac Diaz Pardo. ¡Menuda mierda lo que están haciendo con Sargadelos!

34 escandalosamente

gostaria de saber se iolanda castaño e estibaliz espinosa son rivais como góngora e quevedo porque iso daria un pouco mais de mollo a este sistéma poético que habemos aturar

unha a protexida do sistema e outra a que aparece de cibernauta ákrata. iso pode dar quer falar, que non?

33 o das cellas de Marta Rivera de la Cruz

cERTO, kIKE... parece coma se fose unha INTOCABLE.... qué pena pola poesía, porque a poesía en xeral, galega, inglesa, castelá... non merece estas cousas, pero en fin, para iso está o canon... jeje