Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 01/08/2022 | Actualizada ás 14:55
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta activou a alerta laranxa por altas temperaturas na zona do Miño de Ourense.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), trátase dun fenómeno meteorolóxico que deu inicio a partir das 13,00 horas. Ademais, estará activo o nivel amarelo por altas temperaturas no suroeste da Coruña; nas Rías Baixas e na zona do Miño, en Pontevedra; no noroeste, sur e área de Valdeorras, en Ourense; e no sur da provincia de Lugo.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral, a través do 112, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; deputacións; servizos provinciais; e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros.
Todo iso, co obxectivo de que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.