Por Europa Press / Redacción | VIGO | 11/08/2022 | Actualizada ás 11:03
Ecoloxistas en Acción Rías Baixas denunciou que o goberno local que Vilagarcía fomente o "malgasto" de auga na Festa da auga da localidade pontevedresa a pesar da alerta de seca que sofre Galicia e no medio dunha onda de incendios.
Nun comunicado, a organización criticou este comportamento, sinalando que non se trata dos litros de auga que se tirarán na celebración local, senón da mensaxe que se traslada á poboación de que "pode seguir esgotando recursos críticos, como a auga, sen que isto cause graves consecuencias".
Os ecoloxistas preguntáronse que autoridade moral terá o goberno local de Vilagarcía para demandar aos veciños medidas drásticas de aforro no consumo de auga se se prolonga a seca, cando eles organizan unha festa que a "malgasta".
Ademais, Ecoloxistas en Acción puxo o foco na falta de medidas para modernizar a rede de abastecemento "obsoleta" da que dispón Galicia, que provoca perdas de auga e culpa ao Goberno autonómico de non adoptar medidas para preservar as zonas húmidas e os acuíferos durante décadas.
"A organización ecoloxista solicita ao concello de Vilagarcía que rectifique e converta a festa da auga nunha oportunidade para concienciar aos veciños da importancia de facer un consumo responsable dun recurso cada vez máis crítico", sentenciou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.