O presidente do Parlamento de Galicia e o conselleiro de Cultura, novos confrades da Enxebre Orde da Vieira

Por E.P. | Santiago de Compostela | 19/08/2022 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez González, foron investido este venres como novos confrades da Enxebre Orde da Vieira.

Novos confrades da Enxebre Orde da Vieira e algúns dos premiados en 2022
Novos confrades da Enxebre Orde da Vieira e algúns dos premiados en 2022 | Fonte: Xunta de Galicia.

O acto, no marco da celebración do Capítulo Xubilar da Orde, tivo lugar durante a mañá deste venres na capela real do Hostal dos Reis Católicos.

A xornada comezaba ás 10,30 horas coa misa xubilar, que tivo lugar na Igrexa Monumental de San Francisco. Tras ela celebrouse unha procesión ata o Hostal, onde xa foron investidos os novos confrades e, ademais, entregáronse distincións como 'Anxos do Camiño' ou os 'Trofeos Galeguidade'.

Entre os galardoados atópase o artista compostelán, Manuel Blanco, que recibiu o premio na categoría de Artesanía Xacobea, "pola súa longa traxectoria traballando materiais e motivos da cultura compostelá, toda ela vinculada á ruta de peregrinación a Santiago".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta