Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2022 | Actualizada ás 16:36
O Concello de Riós anunciou que interromperá a subministración de auga corrente en varios núcleos de poboación durante as noites debido á seca. A decisión, anunciada nun bando asinado pola alcaldesa, Eva María Barrio; afecta as parroquias de Vendas, Riós, Ferreiras, Romariz e Marcelín.
Nestes núcleos, a auga corrente estará cortada ata novo aviso entre as 23,30 e as 07,30 horas. O consistorio alega que a medida está provocada pola situación de seca e tras contastarse que o consumo de auga non se reduciu a pesar de realizar "varios avisos" aos veciños para que moderasen o seu uso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.