Por Galicia Confidencial | Ourense | 23/09/2022 | Actualizada ás 10:53
O PSdeG reivindica a Blanco Amor como un dos referentes LGTBI da literatura galega . Así o suliñou Javier Carballo, Secretario de Dereitos LGBTI do PSdeG. “A memoria LGTBI é un dos asuntos pendentes da Xunta de Galicia, que continúa mantendo na escuridade a referentes diversos tan importantes coma Eduardo Blanco Amor”, sinalou.
Por iso, o Partido Socialista organizará un acto de conmemoración do 125 aniversario do poeta, no que se realizará un faladoiros sobre a importancia de Eduardo Blanco Amor para a cultura Galega, para Ourense e para o colectivo LGTBI.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.