A Xunta dálle case 150.000 euros a La Voz por utilizar un 5% de galego

La Región tamén recibe 35.000 euros para “potenciar o uso do idioma galego”. O Goberno galego xa lle dera case 200.000 euros a outros grandes medios.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/10/2014 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Xunta segue destinando miles de euros para manter os grandes medios de comunicación. Unhas veces son convenios publicitarios coas súas consellerías, outros a través da Secretaría Xeral de Medios, outros a través do IGAPE e outros para que publiquen, cando menos, un 5% do seu contido en galego.

Feijóo alimenta a máquina de Santiago Rey'. Gonzalo Vilas fixo esta ilustración para a reportaxe do Novas da Galiza e o GC sobre as axudas aos medios.
Feijóo alimenta a máquina de Santiago Rey'. Gonzalo Vilas fixo esta ilustración para a reportaxe do Novas da Galiza e o GC sobre as axudas aos medios.

E, desta volta, é a Consellería de Educación a que decidiu asinar dous convenios con La Voz de Galicia e La Región para “potenciar o uso do idioma galego”. Unhas subvencións que, pola contra, non reciben os medios en galego.

De feito, o xornal de Santiago Rey recibe 149.000 euros para potenciar o galego que só se emprega no 5% do xornal e, principalmente, nos artigos de opinión. É dicir, por colaboradores alleos ao medio e non por xornalistas do Grupo Voz. 

Esta cantidade é moi superior a que recibiron, por exemplo, este ano, as empresas xornalísticas que se desenvolven en galego, a maior parte das cales, están excluídas deste tipo de axudas e convenios.

Non é só La Voz de Galicia quen recibe cartos neste convenio de colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para potenciar o uso do idioma galego. Tamén o Grupo La Región, a través dos xornais La Región e Atlántico Diario, perciben 35.000,00 euros.

Hermanager - Viñeta - Voz do Ébola
Hermanager - Viñeta - Voz do Ébola

Outros 200.000 euros a outros medios

A estes cartos hai que xuntarlles, os case 200.000 euros  que Educación destinou no primeiro semestre a grupos como Prensa Ibérica –Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña--, Editorial La Capital – El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños e Diario de Arousa--, Grupo El Progreso –AGN e El Progreso-- ou a Agencia EFE.

Así, o Grupo El Progreso recibiu 103.000 euros; 60.000 para El Progreso e 43.000 para AGN. Este grupo mediático é o único que utiliza o galego, pero só na súa páxina Web, non así no xornal en papel ou no seu servizo de noticias.  Pola súa banda, Faro de Vigo, que escasamente emprega o galego, percibe 40.000 euros, e o outro medio do grupo Prensa Ibérica, La Opinión de A Coruña, 30.000. O Grupo La Capital, que acaba de impulsar un novo ERE nos seus tres medios, tamén recibe 8.220 euros, mentres que a Agencia EFE, 23.000. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

10 merlo

Pp = banda organizada para delinquir e ROUBAR = ilegalización

9 black

Guillotina mecajoendios!

8 Maruxa

Gracias a Galicia Confidencial por permitir comentarios que falan de poñer lume a empresas e de campos de concentración. Se é unha ironía, é tan mala que non ten gracia. Ademais, valóranse moito frivolizar cos campos de concentración, si señor.Tamén podemos frivolizar coas bombas.

7 Spidercan

Está ben o chiste. Teriades que facelo máis. Sintetízase ao máximo e con humor o que pensamos moitos. Hai quen non pensa así. Pero só ten que sacar os estudos primarios e asunto resolto.

6 Spanien kaputt

Non é mais que un subterfuxio, do colonialismo expañol para sufragar os seus medios de propaganda, usando o noso idioma, por eles perseguido, coma disculpa. A sua estratexia, a provocación e o ataque. Expaña non existe, tan só é unha colonia de Alamaña e EE UU. Da noxo ver ao Rajoles coma un cadelo ledo, movendo a cola diante da ama Merkel. Ineptos PPaificos franquistas a cagan a cotío, e botan as culpas sempre nas costas dos mais débiles.