"Fogar de Breogán"

Tamén as conmemoracións do himno provocaron diferencias entre os socios do bipartito...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/12/2007 | Actualizada ás 00:07

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

10 vanessa

Zutabe di que circula unha lenda acerca de que o dictador soportou o canto do himno......
Pois podese confirmar e incluso demostrar que o Coro Cantigas da Terra, nas suas escasas actuacions o dictador, cantaba o Himno Galego o remate das suas actuacions.

9 Zutabe

Que fale Ferrín:


"ESTO ES CUBA, HERMANO"


As palabras do título fóronlle pedidas emprestadas a Anisia Miranda, nada nun fogar galego procedente da Serra do Laboreiro e escritora galegocubana amiga sempre. A este cronista gorentoulle o corpo ver como Touriño era recibido na Habana como xefe de Estado polas máis altas autoridades e como el chamaba a forzar o bloqueo ou cerco de fame imposta á illa pola pertinacia imperialista que mantén a mesma política, sen fisuras, de 1898 e anos seguintes.
Logo, Touriño dixo vaguedades diplomáticas. Dixo que o Himno Galego é de todos, sen distinción de ideas e principios. Vexamos algúns dos casos nos que naturais de Galicia non asumen o Himno.
A sociedade neofranquista (non sei de memoria o nome) que se mobiliza sen éxito contra o noso idioma esta tempada non é do Himno, entre outras cousas porque este está escrito na lingua propia e natural de Galicia. Ou sexa, porque o Himno Galego ten a súa letra formulada na lingua galega, "la más meliflua de todas las que nacieron sobre las ruinas del antiguo idioma del Lacio" (Saco e Arce). Para que os militantes españolistas enbravecidos aceptasen o Himno, este tería que ser, como moito, bilingüe e eles nunca cantarían (por opción "democrática" individual) a parte que hipoteticamente falase no idioma de Galicia que non naceu nin na Lora nin na Bureba ni no Burgos do Cid Campeador. Ser habería de ser fantástico que aqueles "imbéciles e escuros" que, dentro da letra do propio Himno están mencionados, nun arrouto de submisión e masoquismo, se puxesen a cantar o que Eduardo Pondal dixera deles.
Touriño, moi novo e militante das XEC, viu no Santiago de 1968 (meses antes do maio francés do 68) como os estudantes rebeldes, aos que el se sumaba, asociaban o canto do Himno Galego co de Venceremos Nós e co do Gaudeamus Igitur. Sen saberen que este último (di Filgueira Valverde) fóra posto en circulación polo Seminario de Estudos Galegos. De modo que o Himno noso non pode ser o de todos os galegos de calquera ideoloxía ou pertenza histórico-sentimental porque só é dos que pensan o seu país como Nazón e dos que viven con fondura e consciencia a idea de Democracia.
O Himno emerxeu en Cuba da man do patriotismo nacionalista e republicano. Tardou tempo en ser admitido como símbolo nacional e cantouse á marxe das institucións nos últimos días do réxime borbónico bipartidista e caciquil. A Dictadura de Primo cerroulle o paso. Breves, os días da II República lanzaron o Himno, que foi cantado na rúa e na escola no paréntese de esperanza que foi a Fronte Popular. Franco e os seus mandaron o Himno aos faiados das memorias republicanas e nacionalistas, aínda que circula unha lenda urbana moi imprecisa segundo a cal o Dictador -cóntase de vinte formas diferentes- soportou con estoicismo o canto do Himno en Coruña (ou en Meirás) por parte do Coro Cántigas da Terra ou tal vez fose do Orfenón El Eco; bah. O himno Galego estivo fora da lei no franquismo e renaceu todopoderoso, incorporado aos símbolos dos combatentes obreiros, campesiños, intelectuais e estudantes contra a dictadura.
O Himno, señor Touriño, non é de todos. E coido que a tradición galega e democrática de Cuba sabe isto tan ben ou mellor ca nós os antifeixistas de todas as procedencias (véxase Sempre en Galiza).

8 cuturru

Corrupción "friki" en Mugardos

laopinióncoruña.es » Opinión

AL TRASLUZ
Corrupción `friki´ en Mugardos
Fernando González Macías

Nisto do urbanismo delituoso, conveñamos en que hai corrupcións e corrupcións. Corrupcións grandes, medianas e pequenas. Corruptelas máis ou menos descaradas. Con enormes pelotazos en forma de recualificacións ou a base de comisións ilegais. Mediando ou non financiamento ilegal dos partidos. A gama é moi ampla. E logo está o de Mugardos, que é punto e aparte.

Ata un policía apellidado Torrente anda polo medio. E é que, se efectivamente chégase a confirmar como unha trama de corrupción urbanística, no caso de Mugardos non se botaría en falta case ningún dos elementos que constitúen a base dunha desas comedias frikis de tanto éxito no cine español. Xunto a unha historia un tanto disparatada, a clave adoita estar nuns cantos personaxes pintorescos en actitudes case grotescas.

Resulta que o alcalde de Mugardos non se decataba de nada. Presentouse a si mesmo, caricaturizado nunha especie de firmón, que outorgaba as licenzas urbanísticas a cegas, sen cuestionarse nunca os informes dos técnicos, nin atender ás denuncias de irregularidades que lle expuñan concelleiras cos que chegou a compartir tarefas de goberno e que, xa que logo, debían merecerlle crédito. O nacionalista Fernández Barcia debe ser dos que cren que por ser boa xente e ter as mans limpas hai que perdoarlle que faga a vista gorda e con ela un claro abandono de funcións. Poderá non ser imputado penalmente, pero a súa actitude, como mínimo neglixente, debe carrexar responsabilidades políticas.

Logo está o papel estelar da oposición mugardesa, unha parte da cal foi antes goberno. Oxalá non chegue a acreditarse que ao abandonar o poder caéuselles véndaa dos ollos e xa que logo as súas denuncias non responden a un sentimento de despeito. Como é desexable que non haxa nada de oportunismo en que sexa precisamente agora, en vésperas electorais, cando a fiscalía ou a policía xudicial póñanse a facer limpeza

E finalmente, disputando o primeiro plano ao peculiar policía polivalente e á súa esposa, unha xente guapa, arquitectos, aparelladores e empresarios ferroláns, dos que habitualmente lles mirarían por encima do ombreiro, pero que se pringan con eles no lodo talvez pola irresistible atracción dun certo cutrelux. Que cousas.

É esperpéntico, pero tamén moi triste, constatar que non se fai urbanismo limpo nin sequera en municipios moi pequenos, de apenas tres mil habitantes, de escaso interese turístico ou residencial, aínda que sexan costeiros. E que a podremia urbanística esténdese en todas as direccións do mapa e por encima da cor política de quen gobernan os concellos. É como un terrible virus mutante, que destrúe a integridade das persoas e fronte ao cal parece que non houbese vacina efectiva. Haberá que encargarlla a Patarroyo...

FERNANDOMACIAS@TERRA.ES

7 anónimo

Artur!, ... ¿.. a que non tes espada?? (jijijiji....)

6 galiza ceive!

E verdade. Dividir en potenzas e unha parida. O que hai que facer e aforrarnos todos eses estados, e xuntar europa como o 51 estado membro da union norteamericana (total, xa que nos comemos as suas eleccions, polo menos poder votar). Asi os presupostos faranse dende a casa blanca, que pa iso e a mellor economia do mundo, ca reserva federal, e o dolar e a moeda internacional. Ademais falariamos ingles como quere raxoi.

Ou podemos facer europa enteira unha provincia de china, que medra o 11% anual e todo o mundo di que ten futuro. Para que imos ter administracions intermedias.

E bng xa esta adiantado a todo iso. Por ai van as propostas de permitir que a television do portugal se poida ver na galiza sen problemas (o contrario que na livre valencia, onde cortan a tv3 pola noite de supeto, tipo korea do norte), ou a proposta do bng de suprimir as deputacions, esas "potenzas" sen sentido.