O Ingreso Mínimo Vital chega a 25.678 fogares en Galicia

Son máis de 65.000 as persoas beneficiarias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2022 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

Un total de 25.678 fogares galegos recibiron o Ingreso Mínimo (IMV) no que vai de ano ata o mes de outubro, segundo informou a estatística publicada polo Instituto Nacional da Seguridade Social ata finais de outubro. En total son 65.123 as persoas beneficiarias (36.438, mulleres e 28.677, homes). No conxunto do Estado, recibírono un total de 523.486.

Por provincias, na Coruña reciben esta prestación 11.366 persoas beneficiarias; en Pontevedra, 7.258; en Ourense, 3.561; e en Lugo, 3.493. Así, o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, sinala que a prestación chega no conxunto do Estado a 1.453.773 beneficiarios, dos cales o 42,5 por cento (618.762) son menores de idade. En dous de cada tres fogares, o titular do IMV é unha muller.

Ademais, no 64 por cento dos fogares que reciben a prestación que abona a Seguridade Social hai polo menos un menor (338.373). Doutra banda, o número de prestacións co Complemento de Axuda para a Infancia (CAPI) son xa 284.104. O CAPI é unha axuda de 100 euros por fogar ao mes no caso de nenos de 0 a 3 anos; de 70 euros ao mes por cada neno entre 3 e 6 anos e de 50 euros ao mes por cada menor de entre 6 e 18 anos que entrou en vigor o pasado 1 de xaneiro.

Segundo estes datos, en dous de cada tres fogares o titular da prestación é unha muller e, se se ten en conta o total de persoas beneficiarias, o 54% son mulleres (792.256).

Autobús IMV.. Marta Fernández Xara - Europa Press
Autobús IMV.. Marta Fernández Xara - Europa Press | Fonte: Europa Press

Hai dez días, o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións puxo en marcha un autobús informativo que agora se atopa en Cidade Real e que percorrerá ata 40 localidades do Estado para buscar posibles persoas beneficiarias do IMV que non pediron a prestación. Ata o momento, o autobús atendeu 670 persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta