Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/11/2022 | Actualizada ás 17:40
O Resurrection Fest anuncia "novos espazos e servizos" en 2023, edición na que o festival pasará a ser de catro días "completos", segundo destaca a organización.
Deste xeito, resalta que "por primeira vez a warm-up amplíase" e así, no canto de tres días "completos" e unha warm-up, o festival pasará a ser de catro días completos, "con produción completa e artistas principais tamén o mércores" nos catro escenarios.
O ano que vén, as datas do festival serán do mércores 28 de xuño ao sábado 1 de xullo.
"Escoitamos detidamente os vosos comentarios tras a última edición. Tomamos nota e 2023 será un ano de grandes melloras, novos espazos e servizos que vos iremos contando proximamente", avanza a organización.
Deste xeito, concreta que "o recinto deste ano será máis amplo que nunca e ofrecerá unha experiencia única a todo o público moito máis alá do musical". "En nada", segundo engade, o festival dará a coñecer os primeiros nomes do cartel.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.