Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/11/2022 | Actualizada ás 10:57
A plataforma Vía Galega realizará o vindeiro 19 de novembro unha campaña expansiva para izar bandeiras galegas por todo o país, coincidindo co 124 aniversario da Asemblea Nacionalista Galega. En Compostela, o lugar elixido é o alto do parque de Carlomagno, no barrio das Fontiñas.
A entidade, ademais, presenta este martes, o caderno “Símbolos nacionais de Galiza, o himno e a bandeira”. Neste evento intervirán Manuel Ferreiro, catedrático da UDC e investigador da obra de Eduardo Pondal; e Xoán Costa, profesor e investigador da orixe da bandeira galega. Os autores do libro farán un relatorio sobre os símbolos nacionais do noso país, para dar a coñecer a súa historia e o seu significado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.