Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/11/2022 | Actualizada ás 18:55
A novela 'Pronto hei de volver' conseguiu o premio da XXXIV edición do galardón Torrente Ballester de narrativa, que convoca a Deputación da Coruña na súa modalidade en galego.
A obra de Amador Castro Moure impúxose entre os 55 exemplares recibidos na modalidade de lingua galega, explica a institución provincial.
A decisión faise pública tras a decisión do xurado, reunido no Pazo de Mariñán, en Bergondo. De acordo co seu ditame, trátase dunha novela "interesante desde o punto de vista discursivo".
Tamén resalta que aborda o tema da emigración desde un punto de vista "novo", engade sobre o contido dunha obra dun escritor galego, nado en Chantada, pero afincado en Barcelona.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.