As confrarías españolas perden a esperanza de que se quite o veto á pesca de fondo

Dan por feito que non se levantarán as prohibicións a pesar dos recursos e xestións realizadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2022 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

A Federación Nacional de Confrarías de Pescadores resígnase a que non se producirán cambios sobre a decisión das autoridades europeas de vetar a pesca de fondo en 87 caladoiros do Atlántico, xa que dan por feito que non se levantarán as prohibicións a pesar dos recursos e xestións realizadas.

Así o trasladou o presidente da federación e patrón maior de Burela, Basilio Otero, quen mantivo un encontro o pasado venres co comisario europeo de Pesca, Virginijus Sinkevicius. Este mércores, Otero recoñeceu que "non cambiou a situación" tras este encontro, no que abordaron as consecuencias que provoca o veto no sector e en portos como o de Burela.

Así, o responsable das confrarías é pouco optimista con que os novos informes encargados deriven nun levantamento do veto, polo que manifestou a súa "decepción" coa reunión con Sinkevicius.

Otero recoñeceu que o veto tivo un impacto no día a día dos portos, cun alongamento das mareas e unha redución "a case a metade" da pesca. "Isto fai que a situación sexa moi complicada e o gasoil segue por encima do que sería recomendable. Neste caso é unha pedra máis no zapato que case non nos deixa andar", sostivo.

O patrón maior de Burela, Basilio Otero
O patrón maior de Burela, Basilio Otero | Fonte: FEDERACIÓN NACIONAL DE CONFRARÍAS.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta