A Facultade de Ciencias da Educación de Pontevedra evidencia que a violencia machista segue existindo hoxe en día

Con motivo do 25N, colocaron 200 textos en diferentes lugares da facultade de testemuños anónimos que sofren esta violencia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2022 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

Nas paredes da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, situada en Pontevedra, pódense ler estes días unha serie de testemuños anónimos dirixidos a pór o foco no carácter estrutural da violencia machista.

Con motivo da conmemoración, este venres 25 de novembro, do Día Internacional da Violencia contra a Muller, a Comisión PEA Unesco e a Delegación de Estudantes da facultade promoveron a campaña 'Eu coñezo a alguén que', na que se animaba ao alumnado a plasmar nunha folla de papel un testemuño anónimo e en terceira persoa dalgún feito que considerasen "que forma parte desa violencia estrutural", como sinalaron as súas promotoras.

A iniciativa permitiu reunir preto de 200 textos, que foron colocados en diferentes puntos da facultade nunha xornada na que a presentación desta proposta completouse coa exhibición da curtametraxe 'O outro día pasou de novo', da estudante Antía García.

As promotoras desta iniciativa sinalaron que a idea é que estes testemuños axuden a tomar consciencia de que a violencia de xénero existe nun contexto como o de agora, no que hai xente negándoa.

Nas notas pegadas nas paredes da facultade, as alumnas falan tanto de episodios sufridos por elas mesmas como por persoas da súa contorna. Son notas que foron depositadas ao longo da semana nunha urna situada na entrada do centro académico.

Manifestación contra a violencia machista | AXM
Manifestación contra a violencia machista | AXM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta