Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2022 | Actualizada ás 12:23
O Sindicato de Enfermaría, Satse, en Galicia reivindicou lograr que o Sergas acepte incorporar as 256 prazas correspondentes ao ano 2022, ás 1.300 prazas que xa estaban convocadas en xuño, para a estabilización dun total de 1.556 prazas de enfermaría.
Así, segundo explica nun comunicado, o sindicato reiterou esta petición de "forma continuada" no ámbito de negociación "contra a reticencia palpable que mostraba a administración galega". Finalmente, levou a cabo a inclusión destas prazas na actual convocatoria.
Cabe destacar que esta incorporación supón a apertura dun novo prazo para a presentación de solicitudes por parte das e os profesionais aspirantes, lembra Satse. Ademais das 256 novas prazas, tamén se logrou aumentar 30 prazas na especialidade de Enfermeira Especialista en Familiar e Comunitaria, 25 prazas en Especialista en Enfermeira Pediátrica, 9 prazas en Especialista en Obstetricia-Ginecología (Matrona), 11 en Fisioterapia e 5 en Terapia Ocupacional, que tamén se suman ás anteriores.
Para o Sindicato de Enfermaría "é unha satisfacción" que se tivo en conta a súa reclamación, pois "coa súa insistencia favorece que un maior número de profesionais de enfermaría estabilicen, cunha praza en propiedade, a súa situación laboral".
Con todo, e no mesmo sentido, o Sindicato de Enfermaría valorou "insuficientes" o número de prazas relativas ás especialidades e a profesionais de Fisioterapia, como así llo fixo saber á Administración durante a negociación. Neste sentido, Satse xa adiantou ao Sergas que a súa intención "é seguir reclamando o aumento de prazas en todas as especialidades".
SATSE DOUS
Doutra banda, Satse reclamou a presenza das enfermeiras nos centros educativos para colaborar na loita contra os trastornos da conduta alimentaria, a través da detección de casos e a información e sensibilización entre os nenos, nenas e mozas do noso país.
Con motivo do Día Internacional da loita contra os Trastornos da Conduta Alimentaria (TCA), Satse subliña que as enfermeiras e enfermeiros poden desenvolver un labor moi importante nos espazos de convivencia e formación nos que nenos, nenas e mozas pasan gran parte do seu tempo, como son os centros educativos, para combater un problema de saúde pública que cada vez preocupa máis a nais, pais e ao conxunto da sociedade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.