Por E.P. | OURENSE | 21/12/2022 | Actualizada ás 20:13
O Pazo Provincial de Ourense acolleu a presentación do tradicional Concerto de Nadal da Real Banda de Gaitas da Deputación, que este ano se trasladará ata a igrexa de Pobra de Trives onde, o martes 27 de decembro ás 18,30 horas, realizará unha actuación que se poderá seguir a través da páxina web do organismo provincial.
Ao acto de presentación acudiron o vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, o bispo de Ourense, Leonardo Lemos, a alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, o director da Real Banda, Xose Lois Foxo, así como as Cantoras da Seitura das Terras de Trives, María Jesús Rodríguez, Dina Pérez e Blandina González, que hanrealizado unha pequena actuación.
"É un orgullo acoller un concerto que recupera as nosas raíces e tradicións máis ancestrais, e onde participan tamén as nosas veciñas, as Cantoras da Seitura coas panxoliñas tradicionais de Trives", comentou a alcaldesa, agradecendo á Deputación ourensá a súa colaboración para o evento.
Pola súa banda, o vicepresidente da institución, Rosendo Fernández. destacou que o concerto "sempre suscita moitas expectativas coa Real Banda de Gaitas como epicentro musical e patrimonial", e que este ano "conxugará a beleza musical que ofrece a Real Banda de gaitas" e "a beleza artística" dun monumento "emblemático" como é a igrexa de Pobra de Trives.
Ademais, Fernández agradeceu a colaboración da Delegación Episcopal e a Xose Lois Foxo "por levar a Real Banda ata onde está". Así pois, o director da Real Banda explicou que para eles "é unha alegría" seguir facendo o concerto despois de trinta e sete anos, "creando ilusións para estas épocas e pondo en valor os cánticos propios da mesma".
Así mesmo sinalou que a Real Banda de Gaitas traballa para que "o patrimonio que transmitiron os maiores siga vivo na historia" e para "poder levar polo mundo a música galega".
Pola súa banda, Leonardo Lemos, o bispo de Ourense, enxalzou o concerto como "unha fermosa arte vinculada coa historia, a cultura e a tradición" e salientou que a Real Banda "fai Ourensania", sendo un proxecto universal da cidade e da provincia "que pon un selo de galeguidade na cultura". Pediu que cada ano se realice en máis templos da xeografía ourensá.
O concerto estará presentado por Montse Estévez e contará coa colaboración de diferentes artistas como os cantantes Lucía Pérez e Xavier Vizcaíno, a violinista Tatiana Kostomarova, a Banda de Gaitas de Vilariño de Conso, o grupo Os Trinta de Trives e as Cantareiras da Contorna. Estará dividido en tres partes nas que eran intervindo cada un dos artistas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.