Dimite o xefe de Pneumoloxía do CHUO nun contexto "complicado nos hospitais", di o conselleiro de Sanidade

Julio García Comesaña anunciou que tras esta decisión xa se está a buscarse xa por parte da xerencia desta área sanitaria á persoa que o poida substituír.

Por E.P. | Ourense | 27/12/2022 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

O xefe de Pneumoloxía do complexo hospitalario universitario de Ourense (CHUO), José Abal, presentou a súa dimisión a poucos meses da súa xubilación, unha decisión que fontes da área sanitaria consultadas por Europa Press confirmaron.

Tamén o fixo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña a preguntas dos xornalistas nun acto na Coruña, no que trasladou o recoñecemento público ao labor deste profesional, "persoa de referencia e cunha capacidade de traballo incrible".

Sen especificar os motivos, o conselleiro lembrou que o ata agora xefe de Pneumoloxía do CHUO anunciara a súa xubilación "para abril", á vez que aludiu ao "contexto" pola situación "tan complicada en todos os hospitais pola coincidencia de virus respiratorios e o incremento importante de carga de traballo, en particular en Pneumoloxía".

Agora, tras esta decisión, manifestou que por parte de Sanidade está a buscarse xa por parte da xerencia desta área sanitaria á persoa que o poida substituír.

Preguntado se se están buscando alternativas para abordar os problemas de saturación denunciados polos profesionais sanitarios, admitiu que a demanda de hospitalización está a ser da "máis alta dos últimos anos". "Algo que previamos que podía pasar", apuntou.

Con todo, dixo que todas as áreas sanitarias traballan para "resolver canto antes" esta situación. "Nestas semanas baixou, pero hai que ver despois de Nadal o efecto das interaccións --familiares--". Por iso, apelou a ser precavidos nestas festas.

Edificio do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO)
Edificio do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta