Feijóo: “Nunca antes se aprendeu tanto galego"

O presidente galego defende as políticas lingüísticas do seu goberno e di que nos centros educativos “hai un equilibrio” entre as dúas linguas. Di que o problema de que os rapaces non o falen é das familias e dos “movementos demográficos”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 11/12/2014 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

A Xunta fai todo o que pode, e máis, para que os nenos galegos aprendan e falen galego. Tanto que o problema de perda de falantes non é un problema do Goberno galego, senón das familias e dos “movementos demográficos”.  Iso foi o que veu a dicir este xoves o presidente da Xunta ao valorar  o informe sobre "Coñecemento e uso do galego. Ano 2013", do Instituto Galego de Estatística (IGE).

Corina Porro e parte do PP de Vigo nunha manifestación de Galicia Bilingüe
Corina Porro e parte do PP de Vigo nunha manifestación de Galicia Bilingüe

Segundo este informe, o 50% dos nenos de entre 5 e 14 anos só falan en castelán, fronte ao 13% que só fala en galego. Un dato que contrasta co 52% de galegos de máis de 65 anos que o teñen como único idioma, fronte ao 13,80% desta franxa de idade que utiliza só o castelán. Ademais, o "pouco ou nada" coñecemento do idioma varía de forma significativa entre o primeiro e último tramo de idades, de maneira que entre os 5 e 14 anos, chega ao 22,70 %,mentres que nos maiores de 65 redúcese ao 8,87%.

“O noso papel é incentivar o uso do galego e penso que desde a Administración galega xa o estamos facendo...Nunca antes tantos rapaces aprenderon galego como agora”, dixo ao defender as políticas lingüísticas do se Executiva. Así, suliñou que este estudo pon de manifesto que hai unha “ruptura” no descenso de monolingües, “un proceso en alza entre o 2003 e o 2008” e tamén insistiu en que hai un equilibrio nas dúas linguas nos estudos preuniversitarios e que hai un “equilibrio” entre o galego e o castelán nos centros escolares.

“A reflexión é que o galego está en proceso de globalización e que, a pesar da apertura ao mundo dos tres millóns de persoas, o noso idioma segue sendo a lingua maioritaria”, suliñou. Con todo, recoñeceu que, o feito de que os nenos xa non falen este idioma, “preocupa” na Xunta. “Nunca antes o aprenderan tanto na escola como ata agora pero, logo, lamentablemente, aínda que o coñezan, non o falan”, dixo. “Por iso é importante seguir falando en galego e ensinándoo nas escolas porque nos abre as porta a 250 millóns de habitantes”, indicou.

Neste sentido, achacou o problema ás familias e aos “movementos democráticos”. “Temos que facer partícipes ás familias de que transmitan este idioma aos seus fillos”, suliñou. Deste xeito, apostou por actuar en tres vías; administrativa, política e social. Así, desde a Administración, dixo, “hai que manter o compromiso de fomentar o uso do idioma” e, desde os partidos políticos, “evitar que este tema sexa partidista ou que só algúns partidos se erixan como defensores do galego”. A nivel social, insistiu, “o importante é convencer á xente da utilidade de ser plurilingües e bilingües nun mundo global”.

Feijóo no Consello da Xunta
Feijóo no Consello da Xunta

Feijóo tamén responsabilizou do menor uso do galego ao cambio demográfico dos últimos anos e do desprazamento da poboación das vilas ás cidades. “Precisamente é nas urbes onde menos galego se fala”, dixo ao suliñar que hai un fenómeno novo que é o dos “movementos demográficos” que tamén afecta ao idioma xa que antes “se falaba nas vilas e nos pobos”, que agora se están despoboando.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

6 bqU4

Non vale para nada, e os rapaces agora o mais ton to arranxa reloxos.

1 galegoexiliado

I guess you mean "arranxa aipods & aifons"

5 Fuciños

¡Qué pérdida de tiempo y dinero para asistir a un moribundo que pronto nos hará el favor de desaparecer! Llega la modernidad, chaval@s.

1 Torrente trollea

Pois ti eres un "modelno" do carallo, a satisfación nas desgrazas alleas amosa ruindez e complexo de inferioridade polo pouso que deixa de mal de moitos consolo de par-vos, Ademais é mais vello que mexar contra o valado. A min para nada me gostaria que o castelan desaparacera, nin o bantú. Coido que con cada cultura que se perde, a humanidade perde parte da sua riqueza. Hainos que prefiren a uniformidade, a imposición, coma as ovellas, mentras polo camino van tocandolhe os colhóns aos demais. Anda, xa tiveches o teu minuto de gloria amolando a rojos y separatista.

2 Noala Cousa

La uniformidad y la imposición propia de las ovejas es la que trata de forzar la Cosa Nosa en Galicia: tanta democracia, tanto Estado plurinacional y multicultural, para imponer aquí el monolingüismo y la monocultura. Si fuera la de una lengua culta y una cultura rica, todavía tendría un pasar este despotismo; pero no es el caso. No hay más que ver qué tipo de seres vociferantes e insultadores genera esa cultura. Más o menos como los ultras del fútbol. ¡Y qué tendrá que ver la posición ideológica con los planteamientos lingüísticos!: hablando de ovejas, estos galizos se dedican a mezclar churras y merinas.

3 Arredemo

Cara de "monocultura" tes ti abonda!!

4 Ghonzalez Vilamarin

Pues en lo de que los galizos son insultadores va a ser que tiene razón Noala, visto Arredemo. Jo, qué tipo. Si no lo leo, no lo creo. https://www.youtube.com/watch?v=NO9...

4 Fendetestas

OMG! Nunca antes tan poucos fixeron tanto dano a tantos...

3 David201

"Nunca antes tantos rapaces aprenderon galego como agora". Que nos tome por parvos e a única explicación que lle vexo a estas palabras

2 O espantallo

Ou como agachar como de vontade propia o imposto subxetivamente. Os seus fracasos, que en realidade son acertos da metropolí, contra a nosa cultura, facendoa pasar por vontaria. Vivimos na era da comunicación, e prácticamente todos os medios de comunicación, están en español. Ademais sempre desinforman dende unha perspectiva centralista española e antigalega. Eses medios que ademáis están ben subvencionados polos, en teoría, encargados de defender e promover a nosa cultura. Este impresentable, nunca recoñece un erro nas suas políticas, seguro porque non son políticas propias, senon impostas dende Xenova. Escoitas a este pelele, e semella que vivimos nun paradiso, onde nada falla.