Chocan dous vehículos por culpa da neve en Viana do Bolo

Unha persoa tivo que ser trasladada en ambulancia a un centro médico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2023 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

Dous coches chocaron este xoves no Bolo debido á neve na calzada, á altura do quilómetro 33 da OU-533, na parroquia de Cambela. Unha persoa tivo que ser trasladada en ambulancia a un centro médico.

Segundo recolle o parte de mediodía da Central de Atención ás Emerxencias, unha das persoas implicadas na colisión contactou co 112 Galicia, ás 12,30 horas, para alertar da situación. Segundo indicaba, ao perder o control do seu coche pola presenza de neve na vía chocara contra outro turismo.

Ao recibir o aviso, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Bolo, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía de circulación.

Volve a neve a Galicia. Carlos Castro - Europa Press
Volve a neve a Galicia. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta