Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/02/2023 | Actualizada ás 15:30
A Xunta quere recuperar o 25% das frecuencias ferroviarias de rexionais e media distancia que había en Galicia antes da pandemia, precisamente, en lugares que, tras a covid, perderon ata un 75% das liñas de tren.
Un estudo da Consellería de Infraestruturas detectou importantes déficits en trens de media distancia e rexionais de antes da pandemia. Este informe destaca que no eixo Vigo-Monforte perdéronse o 75% das frecuencia, o 50% con Portugal no eixo Monforte-Ponferrada, o 66% entre Coruña e Monforte, un 36% nos servizos entre A Coruña e Betanzos e un 30% entre Ferrol e Ortigueira.
No eixo Atlántico, Renfe recuperou xa todas as frecuencias, pero Rueda criticou que algúns destes trens pasaron a ser de media distancia e non rexionais co cal deixan a moitos usuarios sen servizos. "Hai que recuperar esas paradas intermedias para non deixar a moitas vilas sen servizo", manifestou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.