Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2023 | Actualizada ás 14:19
A Consellería do Medio Rural deu por extinguido o incendio forestal rexistrado este domingo no municipio ourensán da Gudiña, que se orixinou en tres focos e que segundo as últimas estimacións afecta a unha superficie de 65 hectáreas.
O incendio, que se iniciou ás 20,27 horas deste domingo na parroquia de Pentes, quedou estabilizado ás 13,10 horas deste luns e á primeira hora da tarde Medio Rural deuno por controlado.
Así, para o seu control e extinción, a Consellería informou de que se mobilizaron un total de sete axentes, 11 brigadas, seis motobombas e un helicóptero.
A Xunta lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.