O obxectivo da FP galega: 9.500 prazas novas en empresas en dous anos

O concelleiro de Educación cifrou a empregabilidade do alumnado nun 86%

Por E.P. | Pontevedra | 15/02/2023 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, inaugurou este mércores en Pontevedra o primeiro encontro territorial enmarcado no Plan Conecta FP, un foro de debate con mesas de análises e espazo networking, que persegue o obxectivo de "enriquecer as accións específicas a desenvolver" para incrementar o número de empresas colaboradoras participantes e alcanzar 9.500 prazas novas en Galicia en dous anos.

Rodríguez apuntou que a meta é "analizar as necesidades dos principais sectores e as especificidades das distintas zonas da comunidade" para deseñar unha oferta de FP "á medida das demandas socio produtivas".

Neste encontro de Pontevedra participaron medio centenar de persoas e Rodríguez destacou a "fortaleza" dos ensinos de FP na área de Pontevedra, onde a matrícula aumentou nun 33% no últimos dez anos. Actualmente son case 3.700 os alumnos matriculados en 89 programas formativos.

Estudante Formación Profesional, nunha imaxe de arquivo
Estudante Formación Profesional, nunha imaxe de arquivo | Fonte: GVA Educació

86% DE EMPREGABILIDADE  

No encontro, o conselleiro destacou a evolución que viviu a Formación Profesional nos últimos anos en Galicia, situándose como unha das comunidades autónomas "máis punteiras" neste sector xunto ao País Vasco.

As claves deste éxito, segundo Román Rodríguez, son "o prestixio, a confianza e a utilidade" que se reflicte en "a media de empregabilidade dos alumnos" que cifrou nun 86% para a FP normal e un 100% na dual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta