Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 20/02/2023 | Actualizada ás 18:53
O xeneral de brigada Alfonso Pardo de Santayana Galbis asumiu este luns de forma oficial o mando da Brilat nun acto celebrado na base militar General Morillo, en Vilaboa.
O acto de toma de mando contou coa asistencia de distintas personalidades, entre elas, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones.
O novo responsable substitúe a Luís Cortés Delgado, ascendido recentemente a xeneral de división e que estivera á fronte da Brilat durante o últimos tres anos. Así pois, Alfonso Pardo de Santayana Galbis ponse á fronte dunha unidade á que xa estivo vinculado e da que chegou a ser mando do Rexemento Príncipe 3, con base en Siero (Asturias).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.