Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2023 | Actualizada ás 11:15
O avance nas obras do hospital Montecelo de Pontevedra fará necesario cambios provisionais no tráfico, que se activarán a partir deste xoves.
En concreto, tal como informou a Xunta nun comunicado, prevese comezar este mes os traballos de urbanización e acondicionamento dos accesos á dársena de mantemento e servizos do novo centro hospitalario.
Este acceso realizarase mediante unha vía situada nunha cota máis baixa respecto da avenida de Montecelo, o que requirirá da execución dun muro para sostela, por iso verase afectada. A intervención obrigará a restrinxir o tráfico a un só carril na avenida Montecelo en dirección, desde a rotonda do Príncipe Felipe ao hospital.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.