Galicia e outras autonomías reclaman fondos para a Lei de Ensinos Artísticos

O conselleiro de Educación da Xunta de Galicia volveu a criticar a "falta de rigorosidade" do Goberno estatal con este novo texto lexislativo que xerará, ao seu xuízo, un "novo caos" no que respecta á xestión académica.

Por E.P. | MADRID | 09/03/2023 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

O conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, que elevou ao Goberno un total de 33 alegacións ao anteproxecto de lei, reclamou que a nova lei "vaia acompañada dunha memoria económica que resulta absolutamente imprescindible" para que as autonomías poidan asumir o "incremento de gasto" que van supor as obrigacións que levará a súa aplicación.

Neste sentido, referiuse ás novas figuras que contempla o texto como o profesorado emérito, o profesorado especialista de nacionalidade estranxeira e o profesorado visitante, así como funcións técnicas que vai realizar o persoal de administración e servizos. Todas elas, censurou, "non contan cunha definición clara".

En definitiva, Rodríguez volveu a criticar a "falta de rigorosidade" do Goberno estatal con este novo texto lexislativo que xerará, ao seu xuízo, un "novo caos" no que respecta á xestión académica e nos novos corpos docentes a semellanza, dixo, do que sucede coa Lomloe e a nova lei de FP.

Tras apuntar as "moitas présas" que ten o Ministerio por pechar todo o marco lexislativo educativo, o conselleiro advertiu dos "efectos negativos" que logo terán que "arranxar" as comunidades autónomas.

A ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría,. Verónica Lacasa - Europa Press
A ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría,. Verónica Lacasa - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta