Refachos de vento a 130 quilómetros por hora en Oia e a máis de 100 km/h en varios puntos da costa galega

O refacho máis alto na tarde deste xoves correspóndese cos 119,5 quilómetros por hora da Pontenova, que se produciron ás 20,10 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2023 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

O vento superou os 100 quilómetros por hora en varios puntos da costa galega na xornada deste xoves, marcada pola alerta laranxa. Así, o refacho máximo rexistrouse en Oia, con 130 quilómetros por hora ás 9,10 horas.

Ademais, en estacións de Meteogalicia en puntos inferiores a 900 metros de altura, rexistráronse valores máximos de ventos nas Neves, Viveiro, A Pontenova e Cedeira tamén se rexistraron ventos que superaron o 100 km/h, concretamente, 125, 120, 115,2 e 111,1 quilómetros por hora, respectivamente.

O refacho máis alto na tarde deste xoves correspóndese cos 119,5 quilómetros por hora da Pontenova, que se produciron ás 20,10 horas.

En canto a estacións de máis de 900 metros de altura, segundo figura no boletín de rexistros de Meteogalicia, en Muras  rexistráronse 127,7 quilómetros por hora, mentres que 106,3 quilómetros por hora en Carballeda de Valdeorras.

Arquivo - Vista dun coche alagado, a 17 de xaneiro de 2023, en Begonte, Lugo, Galicia (España). Segundo a información recibida mediante os sistemas de control e seguimento, superáronse os limiares establecidos e varios ríos presentan un crecemento. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Vista dun coche alagado, a 17 de xaneiro de 2023, en Begonte, Lugo, Galicia (España). Segundo a información recibida mediante os sistemas de control e seguimento, superáronse os limiares establecidos e varios ríos presentan un crecemento. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta