Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 10/03/2023 | Actualizada ás 10:11
Os servizos de emerxencia tiveron que rescatar en bo estado a unha embarcación de recreo que quedou á deriva preto do peirao de Aguete, en Marín (Pontevedra), con tres tripulantes a bordo.
Ocorreu pouco antes das 2,00 da madrugada, cando Salvamento Marítimo contactaba co 112 para solicitar a colaboración de Gardacostas de Galicia tras coñecer o risco que poderían correr este tres persoas.
Así, seguidamente, o persoal da central de emerxencias puxo os feitos en coñecemento de Gardacostas, que mobilizou unha embarcación de rescate que levou a cabo o remolque ata Aguete.
Ademais, o 112 informou os feitos á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil de Marín. Igualmente, avisaron a Urxencias Sanitarias-061 por se fose necesaria a súa intervención.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.